Localización

viernes, 21 de noviembre de 2008



Localización.
Onde nace.
O río Deza é un río da provincia de Pontevedra. Nace nas cumbres do monte Testeiro da parroquia de Zobra (Lalin). Coincidindo aproximadamente co centro xeografico de Galicia.
O monte Testeiro
O monte Testeiro e un monte cunha altitude de aproximadamente 900 metros de altitude. Ten unha gran importancia para os lugareños, xa que ten un gran para os cazadores e pescadores, que dalgunha maneira lle aporta beneficios. Este monte ten un riqueza de flora silvestes e de diversas especies arbores como bidueiros, sauces e uces, xunto con frondosos bosques autoctonos. Tamen conta con unha gran fauna como lobos, corzos, zorros, jabalies e aves rapaces.(Tanto da flora como da fauna falarei mais adiente en profundidade).
Neste monte podemos atopar diversas rutas de senderismo elaboradas polos propios veciños, concienciados en coidar este capricho da natureza. Moitos dos veciños de Zobra estan inmersos nos coidados deste monte. A asociación de veciños a parte de coidar as rutas de sendeirismo tamen estan concienciados en facer deste lugar un interes turistico, xa que existen diversas casas rurais que se atopan ailladas, facendo que un se olvide do estres.
O Río Deza ten unha gran importancia para os habitantes deste lugar, xa que grazas a el poideron ser uns dos primeiros en contan con luz eléctrica nas suas casas, xa que no cauce do río construiron un minicentral hidroelectrica que lle proporcionaba esta enerxia a todos aqueles que querian disfrutar dela. Na actualidade esta central atopase totalmente destruida, apenas se pode apreciar a sua estructura.

Introducción

viernes, 7 de noviembre de 2008

O tema principal deste proxecto esta enfocado no Río Deza. Farei un recorrido por este río, falando de todo o que se atopa o seu arredor, dende donde nace (monte Testeiro) ata donde remata (Río Ulla). Este río nace e morre dentro da Comarca do Deza e tivo e ten unha gran importancia para os habitantes desta comarca.
O Deza tivo unha gran relevancia para os nosos antepasados, xa que nel se atoparon pepitas de ouro, polo que moitos aldeanos se adicaron a busca deste debandito mineral, pero as cantidades que se atoparon foron escasas. Tamen foi explotado para axudar a extranción de Wolfram e de Estaño, nos lugar de Fontao. Ademais, na actualidade, conta con pequenas minicentrais que serven para a producción de enerxía electrica. Tamen ten plaias fluviais para o disfrute de todos, ademais de ser un río polo cal os adictos os deportes de risco poden praticar dende puenting ata rating, entre outras cousas.
Este río tamen é importante, grazas a sua gran biodiversidade. Conta con unha boa poboación de fauna, ademais da terrestre. Con respecto a flora, cabe destacar a presenza de Quercus sober, caracterisco do clima mediterraneo, nas proximidades do rio Asneiro.
Por outra banda, tamen cabe destacar os afluentes mais importantes, o río Toxa e o Asneiro. O primeiro, ademais de aportarlle un gran caudal tamen ten un gran atractivo grazas o iman das suas cartaratas unha das máis grandes de Galiza coa sua caida duns 40 metros e o segundo, e importante pola presencia dunha ampla extensión de sobreiras, que son caracteristicas do clima mediterraneo.
Por estes motivos e por outros que vou redactar durante o trascursos deste curso, foi polo que escollin este tema. Espero e que vos guste e que poidades disfrutar por este perqueno paseo por parte da miña comarca.