Lugares por onde pasa

martes, 21 de abril de 2009

O río Deza baña a comarca do mesmo nome, Deza. O seu curso adaptase a tectonica frácturada da comarca, deixa o Oeste a serra do Candán e adopta unha direción Sur-Norte, coa que penetra na parroquia de Vilatuxe e que manten para servirlles de limites os concellos de Lalin (Vilatuxe, Barcia, Ansean, Cristimil, Prado Noceda e Anso) e Silleda (Parada, Laro, Oleiros, Cortegada, Taboada e Vilar). Neste treito, na parroquia de Prado, recibe o seu principal afluente, o Asneiro.
Entre as parroquias de de Losón (Lalin) e Vilar (Silleda) vira cara o Norte-Oeste para continuar co trazado da demarcacion dos concellos de Silleda (Ponte de Saidres) e Vila de Cruces (San Pedro de Losón). O chegar o deslinde das parroquias de Fontao e Saídres muda de novo a súa direccion, esta vez cara o Oeste, e continua polo limite municipal de Silleda e Vila de Cruces, que manten ata a súa desembocadura, respetivamente polas parroquias de Carboeiro, Martixe, Pazos, Abades, Piñeiro, Dornelas e Cira, por unha banda, e Merza Bascuas, Camanzo e Gres pola outra. En Pazos (Silleda) recibe outro grande afluente, o Toxa.