Nova ruta de sendeirismo

martes, 16 de junio de 2009

Esta nova ruta permitenos observar con claridade 2 antigas neveiras escarvadas no chan, que na antiguedade se empregaban para a obtención de xeo a partir da neve que ian introducindo dentro desta. Estas neveiras foron explotadas por monxes do monasteiro de Aciveiro que surtia de xeo a case toda Galicia. As neveiras teñen uns tres metros de fondo, estan excarvadas no monte e revestidas de pedra.
Ademais de poder contemplar a antiga aldea de Grovas que foi abandonada, non hai tantos anos, arredor dos anos setenta. Na aldea podemos observar casas abandonadas e como o paso do tempo as foi deterirando. Tamen atoparemos un pequeño muiño no que os veciños das catro casa que ainda se conservan moian o centeo e o trigo para os seus animais domesticos.
Dentro das maravillas paisaxisticas desta zona podemos observar un pequeño desnivel do regato que atravesa a aldea duns 3 ou 4 metros, no que a forza da auga foi elavorando un burato que agora se pode empregar a modo de pequena piscina.
A parte destas duas maravillas, as neveiras e aldea de Grovas, a nova ruta tamen atravesa a mamoa de Rofete e a barreira do Monte de Vilariño, de donde se extraia o barro para a fabricación de tellas.
O itinerario tamen chefa a un mirador non promontorio de Malpaso.
Ademais tamen vai proporcionar os amantes da natureza un lugar de relaxacion e disfrute o atopar unha gran variedade de fauna e flora.
A Conselleria de Medio Rural foi quen financiou o acondicionamento da ruta que ten un recorrido de case 4 kilometros, que vai dende a aldea de Sanguñedo a Grovas. A ruta atravesa as propiedades das mancomunidades de montes de Fixó-Portela, Sanguiñedo e Vilariño.
A este itinerario tamen se lle podo incluir unha nova etapa xa que a Conselleria comprometeuse a dar 18.000 euros. Este novo percorrido fara unha ruta case circular que ira entre Fixó e Portela, e neste novo percorrido enlazarase con visitas o Castro A Monteira, en Portela, o Castro das Rodeiras en Garellas e o Pazo de Hermosende en Millarada. E ademais tamen contara con atractivos culturais e etnográficos. Poderanse contemplar as devesas de Vilariño, cos Montes o Candan e Coco o fondo e coa fervenza de Freixa.
Os comuneiros desta zona estan promovendo a homologación deste intinerio como unha ruta oficial de sendeirismo.
Fonte; A voz de Galicia