Deportes no Río Deza

miércoles, 17 de junio de 2009

Rafting
O rafting é un deporte que se esta a poñer de moda nos tramos do río Deza. Como por todos e sabido e unha actividade que consiste en descender os rios en balsas neumáticas, equipados con traxes de neopreno, chaleco e casco.
Dependendo da dificultade o río e da experencia de cada un podese empregar o kayak-raft neumática de duas plazas o mini-rafat neumatica pequena de tres a catro plaza e o raft neumatica de seis a doce plazas. As duas primeiras contan con monitor dentro da propia embarcación e na última o monitor va na sua propia embarcación.

No río Deza atopamos un tramo de 8 km que vai dende Bascuas a Cira, a poucos metros da desembocadura.

Durante o descenso atoparemos rochas e un cauce estreito que obliga a maniobrar rápido.
Puenting
O puenting consiste en saltar o vacio dende unha ponte suxeitos por un arnés e duas cordas de seguridade que se pasan por debaixo da ponte dun extremo a outro. Cando o individuo salta fai unha traxectoria similar o movemento dun pendulo.
A sensación de caida supon unha descarga de adrenalina.
O lugar onde se realiza esta actividade e no viaducto sobre o rio Deza
Para poder participar nestas xornadas podedesvos por en contacto con;
http://www.turnagua.com/

Plaias fluviais

Pozo do Boi (Vilatuxe)


O río Deza, o seu paso por Vilatuxe, ofrecenos un lugar donde escapar das altas temperaturas sen ter que recurrir a costa. Esta plaia fluvial esta rodeada dun entorno complemente natural, con zonas recreativas para o disfrute dos nenos mentres os maiores se pegan un chapuzon ou descansan a sombra dos carballos. Ademais conta con servicios de bar, onde se pode comprar bebida ou un aperitivo.

A Carixa (Merza)

Esta situada na parroquia de Merza, conta con merendeiros e un muiño. Desde ali podese contemplar o arco que queda da ponte medieval e un antiguo camiño que nos leva ata o monasterio de Carboeiro.

Cerca do río Deza; A Fraga de Catasos

Atopase no concello de Lalín, o noroeste de Pontevedra. Ten unha estenxión aproximada de 4,5ha.

Podia estar a falar dunhas das numerosos fragas que atopamos preto do río Deza, pero non seria capaz de atopar unha con estas caracteristicas.


A Fraga de Catasos e un Monumento Natural Protexido (declarado o 25 de febreiro de 2000) xa que nela podemos atopar castaños dun porte escepcional. Estes castaños acadan unha altura de trinta metros de altura e estan considerados os mais altos de Europa, ademais os diametros rondan os cinco metros.


Este monumento esta lexistado baixo Decreto 76/2000, de 25 de febrero (DOG, nº 72, de 12 de abril de 2000).

Nova ruta de sendeirismo

martes, 16 de junio de 2009

Esta nova ruta permitenos observar con claridade 2 antigas neveiras escarvadas no chan, que na antiguedade se empregaban para a obtención de xeo a partir da neve que ian introducindo dentro desta. Estas neveiras foron explotadas por monxes do monasteiro de Aciveiro que surtia de xeo a case toda Galicia. As neveiras teñen uns tres metros de fondo, estan excarvadas no monte e revestidas de pedra.
Ademais de poder contemplar a antiga aldea de Grovas que foi abandonada, non hai tantos anos, arredor dos anos setenta. Na aldea podemos observar casas abandonadas e como o paso do tempo as foi deterirando. Tamen atoparemos un pequeño muiño no que os veciños das catro casa que ainda se conservan moian o centeo e o trigo para os seus animais domesticos.
Dentro das maravillas paisaxisticas desta zona podemos observar un pequeño desnivel do regato que atravesa a aldea duns 3 ou 4 metros, no que a forza da auga foi elavorando un burato que agora se pode empregar a modo de pequena piscina.
A parte destas duas maravillas, as neveiras e aldea de Grovas, a nova ruta tamen atravesa a mamoa de Rofete e a barreira do Monte de Vilariño, de donde se extraia o barro para a fabricación de tellas.
O itinerario tamen chefa a un mirador non promontorio de Malpaso.
Ademais tamen vai proporcionar os amantes da natureza un lugar de relaxacion e disfrute o atopar unha gran variedade de fauna e flora.
A Conselleria de Medio Rural foi quen financiou o acondicionamento da ruta que ten un recorrido de case 4 kilometros, que vai dende a aldea de Sanguñedo a Grovas. A ruta atravesa as propiedades das mancomunidades de montes de Fixó-Portela, Sanguiñedo e Vilariño.
A este itinerario tamen se lle podo incluir unha nova etapa xa que a Conselleria comprometeuse a dar 18.000 euros. Este novo percorrido fara unha ruta case circular que ira entre Fixó e Portela, e neste novo percorrido enlazarase con visitas o Castro A Monteira, en Portela, o Castro das Rodeiras en Garellas e o Pazo de Hermosende en Millarada. E ademais tamen contara con atractivos culturais e etnográficos. Poderanse contemplar as devesas de Vilariño, cos Montes o Candan e Coco o fondo e coa fervenza de Freixa.
Os comuneiros desta zona estan promovendo a homologación deste intinerio como unha ruta oficial de sendeirismo.
Fonte; A voz de Galicia

O río Toxa

Un dos afluentes a descatar do Deza e o Toxa. Este rio ten unha gran importancia xa que nel atopamos as fervenzas do Toxa. Estas fervenzas son moi importantes para o Concello xa que atrae a moitos visitantes que veñen arrastrados por este fenomeno natural.
O Río Toxa nace nos montes de Cerdedo e cruza todo Silleda ata atoparse co Deza no Concello de Vila de Cruces.

A fervenza do Toxa

A fervenza do Toxa atopase no noroeste de Pontevedra, no concello de Silleda. Atopase no corazón da comarca do Deza. As fervanzas estan ligadas cos cursos fluviais dos ríos Deza, Liñares, Ulla e Arnego.
A fervenza conta con 30 metros de caida e ademais pordemos observar un bosque de ribera que debido o seu suave clima e a elevada humedade ambiental esta recurberto de fungos e liquenes que dan un aire fantasmagórico nas neblinosas mañas de invierno.
Moi preto atopamos, a Lagoa Sacra de Olives, que preside o val do río Curantes ou a pequena cascada do Bico de Curantes, cerca de Pena do Foxo.
O bosque de ribera, esta formado por carballos, avellaneiros, vidueiros, alcornoques, enciñas, sauces, laureles e madroños. Esto debese a que se atopa nun lugar de confluencia dos climas mediterraneo e atlántico
Dentro da fauna, podemos atopanos con nutrias, martin pescador, mirlo acuatico, porco teixo, xineta e a comadrexa. Tamen atopamos especies de gran importancia ecoloxica como o corvo ou a falcón pelegrino aloxados na cornisas graniticas de elevada pendiente.

Entre a fauna acuatica atopamonos cunha especie moi importante neste paraxes, tratase da troita que atrae a moitos amantes da pesca de caña


Preto da ferverza atopanos co Monasterio de Carboeiro que foi fundado no ano 936 polos condes de Deza e que actualmente se atopa en periodo de restauración por parte do concello de Silleda.


Toda esta zona ten unha gran influencia romana que se deixa ver en forma de calzadas, minas ou pontes como o de Merza ou a ponte medieval de Taboada que e un paso obligados para os pelegrinos que veñen de Ourense.

O monasterio de Carboeiro. Lenda

A lenda conta que o Mosteiro de Carboeiro, foi antigamente un dos máis ricos de Galicia, aínda que non sempre fora dese xeito. Cóntase que cando os monxes quixeron establecerse neste emprazamento, tiñan moitas dificultades para construír un edificio que fose digno de devir un gran lugar de oración e de meditación.
Era moi difícil atopa-los obreiros que soubesen traballa-la pedra, e o outro problema era que faltaban os cartos. Por iso, os monxes tiñan que se conformar con vivir en cabanas de pólas e celebra-los oficios en minúsculas capelas que non chegaban para acoller a todos. Por máis que o abade pedía axuda ós habitantes do país, estes eran moi pobres e vivían mal. O bispo tampouco lles daba axuda e os monxes tiñan que pasa-los invernos nas súas cabanas, expostos ó frío e ós grandes temporais do mes de novembro.Un día, nunha das súas xuntanzas, o abade dirixiuse ós monxes nestes termos:

-Irmáns, esta situación non pode continuar. Como non atopámo-los medios de construí-lo noso mosteiro, é preferible separarnos e irmos, un a un, integrarnos noutras abadías. Éche ben triste ter que chegar a iso, pero xa non hai outra solución.

Entón, un dos monxes levantouse e solicitou humildemente a palabra.

-Fala, irmán Ramón, dixo o abade. ¿Tes algo que nos propor?

-Certamente, -dixo o irmán Ramón- pero teño moito medo de que vos pareza mal, e non me perdoaría ser obxecto de escándalo.

-No punto no que estamos, -dixo o abade- podemos oír de todo sen quedar ofuscados. Fala pois sen medo

-Pois ben, velaí. Non somos ricos, pero posuímos algo que non ten prezo. É o salterio de san Cibrán.

-Efectivamente, respondeu o abade, témo-lo salterio de san Cibrán. ¿Pero ónde queres chegar? ¿Desexarías vendelo? Non creo que atopemos un comprador suficientemente rico como para que nolo pague ben.

-Non se trata de vendelo, -respondeu o irmán Ramón- Ese salterio ten unha grande virtude, sabédelo todos, porque quen o leva consigo está seguro de escorrenta-lo demo se este se presenta para atormentalo.

-Exactamente, pero non vexo en que podería axudarnos ese salterio. A Deus gracias, o demo déixanos en paz e non ten que facer coa nosa pobreza.

-Por iso, dixo o irmán Ramón, non está interesado en que continuemos a ser pobres. Preferiría que sexamos ricos e que descoidémo-los nosos deberes coa opulencia e a ociosidade. Entón, como o diabo ten sona de ser un bo constructor, ¿por qué non pedirlle que nos constrúa unha abadía de pedra sólida, coma as que hai por todo o país? Será tentado a facelo, e cando veña reclama-lo debido, sempre poderemos facelo fuxir gracias ó salterio de San Cibrán.

Houbo, entre os monxes, un grande murmurio.

-¡Silencio! - exclamou o abade- A proposta do irmán Ramón non é absurda, ben ó contrario, sería xusto que o inimigo de Deus contribuíse a face-la morada do Noso Señor. E xa que o demo é constructor, fagámoslle construí-lo noso mosteiro. Amañarémonos para non pagarlle nada. Paréceme que ben debe iso ós pobres cristiáns.

Despois de ter deliberado, os monxes puxéronse todos de acordo en dicir que era, nas presentes circunstancias, a única saída ós seus problemas.

-¡Moi ben! - concluíu o abade- E posto que es ti, irmán Ramón, quen tivo a idea, encargámosche negocia-lo asunto.

Naquel serán mesmo, cando escureceu, o irmán Ramón foi a un sitio onde sabía que podía acha-lo demo. Na súa xuventude, vira frecuentemente ás bruxas da súa aldea invoca-lo Inimigo para enfeitizar a aqueles a quen elas xuraran estragar. Sabía o que conviña facer. Foi pois directamente a un cruce de camiños pedregoso onde o Demo tiña por costume apostarse cando prevía que un home estaba disposto a concluír un pacto con el. Foi pois a ese cruce. Colleu unha póla de acebro e fixo unha cruz que plantou ó revés no chan. Non tivo que esperar moito, o Demo presentóuselle baixo a forma dun home fraco vestido de negro e de roxo.

-¿Qué queres?, preguntou o Demo cunha voz fungona que se esforzaba en tornar amable.

-Que nos constrúas un mosteiro digno de nós. No país non falta a pedra, e a túa habilidade é ben coñecida. Fáino-las obras que chas habemos pagar ben.

-¡Ah!, ¡desde logo!, -exclamou o diabo escachando cunha risa que lle provocou un calafrío polo lombo ó bo do irmán Ramón. - ¿E ti qué me darás a cambio?

-Pon o prezo - respondeu o monxe.

-¿Tómasme por parvo? -díxolle o demo- Seiche moi ben que vós, os monxes de Carboeiro, posuídes o salterio de san Cibrán. Se hai algo que aborrezo, é precisamente ese salterio. Imaxino que, se fago un trato contigo, vós todos trataredes de me escorrentar brandindo ese libro. Non me deixarei agarrar na trampa, asegúrocho.

-Ponlle prezo - repetiu o irmán Ramón

-Pois ben, acepto a túa proposta, pero coa condición de que xa non teña que volver a verte, nin a ti, nin a ningún dos teus, porque estou seguro de que me fariades fuxir con ese salterio que execro. Fagamos un arranxo, monxe, un arranxo que non se refira á vosa confraría. Hoxe é venres. Comprométome a construí-lo voso mosteiro de aquí a domingo pola mañá, palabra de demo, pero esixo en contrapartida tódalas almas dos que morran domingo, entre a misa maior e vésperas que non ides deixar de celebrar na vosa igrexa noviña.

O demo sabíache ben o que facía. Sabía ben que naquela estación eran moitos os que morrían de frío e de vellez o domingo, mentres os fillos estaban na igrexa a segui-los oficios.

-Trato concluído - respondeu o monxe.

-Non é suficiente - proseguiu o Demo. -Tes que asinar.

Sacou un rolo de papel no que estaban escritas cousas terribles. O irmán Ramón leuno atentamente e asinou o documento co seu sangue.

-Perfecto - dixo o diabo, moi contento.- Desexo que todos vós esteades tan contentos de min coma o estarei eu de vós.

E desapareceu na noite en medio dun remuíño de vento.

O irmán Ramón regresou ó mosteiro, ou polo menos ó que facía as veces del. Foi onda o padre abade e mantivo con el unha conversa secreta. Despois marchou a durmir tranquilamente no seu xergón, nunha cabana na que entraban por todas partes as correntes de aire.Na noite seguinte, produciuse unha grande axitación no país. As xentes dos arredores oíron uns ruídos que lles parecían estrañísimos, pero non ousaron saír das casas de tan enxordecedor que era o alboroto. Éche ben certo que o Demo gastaba sen conta. Fixera vir do inferno a toda unha lexión de demiños que se ocupaban en carrexar pedras e en labralas. Logo, baixo a dirección do Demo en persoa, os demos máis experimentados puxéronse a ergue-los muros e as bóvedas da igrexa abacial e os edificios conventuais. Nunha palabra, traballaron todos tan ben que, a mañá do domingo, alí onde só había unha aldea de choupanas, erguíase un mosteiro de pedra esculpida e de aspecto magnífico.Os monxes ficaron admirados ó ver tal esplendor e non podían crer en tanta felicidade. Pero cal non sería a sorpresa dos habitantes do país cando viron levantarse así sobre o horizonte un santuario tan bonito e tan perfecto. Pois o diabo traballa ben cando se empeña. Pero estaban lonxe de pensar que era obra do Demo, e todos pregoaban o milagre. Axiña precipitáronse na igrexa para asistir á misa maior que celebraba o padre abade.Nun recanto, nas pendentes da montaña, o diabo moi contento, entusiasmado coa idea de que ía facer unha boa colleita de almas. Aproveitaría para repoboa-lo inferno que, daquela, tiña a tendencia de quedar bastante deserto, por culpa dos predicadores que andaban a espalla-la boa palabra por toda a terra.Tan pronto como rematou a misa maior, despois de ter pronunciado o "ite missa est", o padre abade entoou con voz forte o canto das vésperas. Os fieis quedaron ben sorprendidos, pero seguíronas con tanto fervor como antes tiñan seguido a misa. E cando todo rematou, regresaron ás súas casas bendicindo ó Señor. En canto ós monxes, tiveron o privilexio dunha comida de festa onde o viño correu en abundancia, o que non era de desprezar.

Nembargantes, había un que non andaba demasiado contento, era o Demo. Coa rabia, rompeu as zarpas na rocha na que se apoiaba, e aínda hoxe vémo-las súas marcas. Comprendeu que fora enganado e pasou o seu tempo a espreita-los monxes de Carboeiro. Encantaríalle destruí-lo mosteiro, pero, por unha parte, as obras do demo son difíciles de destruír polo sólidas que son, e, pola outra, tíñalle tanto medo ó salterio de san Cibrán que se mantiña prudentemente afastado, non querendo acometer nada que puidese prexudicalo máis.

Pero cando, séculos máis tarde, o salterio de San Cibrán foi transferido a Toledo, o demo tomou a súa vinganza. Soprou unha pavorosa tempestade sobre o mosteiro de Carboeiro e quedou en ruínas.

Hai pouco tempo foi restaurado

O monasterio de Carboeiro

O mosterio de San Lorenzo de Carboeiro, atopase nas orillas do Río Deza, rodeado de carballeiras. Antes de ser mosteiro benedictino, existeu unha ermita dedicada as San Lorenzo, a cal era de Egica, un ermitaño. Sobre a ermita, Don Gonzalo e Doña Teresa, condes do Deza, construiron a abadía no 936, para reunir os monxes e os ermitaños.


En 997, Almanzor destruiu este lugar e dous anos despois recostruino o Arzobispo de Santiago. Pouco a pouco foi ganando relixiosos ata que no s.XIX coa desamortización desfixose.


Na actualidade e un dos mellores representantes do romanico cisterciense de todo Galicia.


Na entrada conta con duas portadas románicas de estilo compostelano. Na principal estan representados 24 ancians do Apocalipsis e a figura de Salvador cos evanxelistas. Ambas moi deterioradas. A planta ten forma de cruz latina. Ten tres naves e a cabeceira rodeada por girola rematada en tres capillas dedicadas a San Benito, a dereita a Nosa Señora de Belén e a outra usada como sacristia. Ademais ten tres rosetones na parte superior, que corresponden a época de transición o gotico


Conta con escaleiras de caracol que nos permiten ir ata as torres que ainda hoxe estan sen rematar. As mesmas escaleiras temen descenden e levannos ata a cripta, que esta no nivel inferior para poder salvar o terreno.


Na actualidade o concello de Silleda esta facendo investimentos para poder rematar as obras de rescostrución do monasterio.







O poboado mineiro de Fontao

O lado do río Deza no seu tramo por Merza podemos atoparnos co pobo mineiro de Fontao. Esta mina foi explotada tanto por ingleses, na segunda metade do XIX, e despois polos franceses que fundaron a Société des Étains de Silleda. Por aquel entonces o que mais importaba era o estaño, e o wolfram estaba a un segundo plano ata a II Guerra Mundial que foi cando pasou a un primeiro plano. O wolfram era utilizado para fortalecer os cañons dos nazis, polo que acadaba un gran valor monetario que axudou que nesta comarca non se pasara a fame da postguerra.

Naqueles tempos o unico que tiña resisdencia dentro dos limites da mina era o director, polo que a empresa decidiu facer un poboado para os mineiros. Este pobo inagurouse en 1956 e so se habitou ata 1974 cando se cerrou a mina.

En xaneiro deste ano chegouse a un acordo polo cal os edificios de uso colectivo van ser rehabilitados cun investimento de 1,7 millons de euros, entre os que se atopan, 128 vivendas, unha escola, a casa do mestre, unha granxa, un cine (mais grande que o das cidades) e unha iglexa. As vivendas na actualidade atopanse todas habitadas con inquilinos que teñen por caseira a Administración.

Ruta de senderimo; A ferveza do Toxa.

Esta ruta comeza dende os miradores das fervenzas do Toxa.
Atoparemos un camiño que nos leva a parte alta do río. Tamen poderemos seguir unha miniruta, non apta para todos os publicos xa que transcurre por unha canle estreita e con tuneles, que nos leva ata a minicentral de Merza. Dende a parte alta do río e seguindo unha serie de camiños e pistas ben señalizados chegaremos o Monasterio de Carboeiro.
Dende o Monasterio de Carboeiro, seguiremos un camiño empredado que nos levara a Ponte do Demo, este camiño levanos ata outro camiño que nos leva pola polo cauce descendente do río.
Andando pola pista principal chegaremos ata a plaia fluvial de Merza "A Carixa". Dende a plaia subiremos por unha pista alfaltada ata o balneario coñecido como "Hotel-Balneario Baños da Brea". Tamen atoparemos o poboado mineiro, que foi abandonado hai moito tempo.
Seguindo por esta pista regresaremos de novo ata os miradores . Este percorrido levaranos aproximadamente catro horas.

Flora

lunes, 15 de junio de 2009

O río Deza ten unha gran biodiversidade de flora, formada polo que se coñece por bosque de galería. Tratase de especies caducifolias expostas a ambos lados do río facendo unha franxa lineal estreita que estan condicionadas en función da humedade e dos cauces do río.
As especies que mais que atopamos con mais frecuencia o longo do río son;
Aliso (Alnus glutinosa)
Salgueiro (Salix sp.)
Fresno ((Fraxinus excelsior e F. angustifolia)
As zonas de aliso son hábitats de gran interese comunitario polo Unión Europea, que desenrolan un papel moi importante a que grazas a el sobreviven milleiros de especies xa que teñen o papel de reguladores de temperatura, fixan os marxenes e aportan materia organica.

Retiles do río Deza

martes, 9 de junio de 2009

Vivindo a espensas do río Deza podemos atoparnos cun abanico enorme de retiles que merodean por estes lares con moita tranquilidade.
Dentro deste cadro podemos atopar varias clases de retiles dos que cabe destacar;
Sapiño troiteiro (Alytes obstetricans)
Sapo común (Bufo bufo)
Sapo Corriqueiro (Bufo calamita)
Pintega rabilonga (Chioglossa lusitanica)
Sapo das veigas (Discoglossus galgoni)
Rá de San Antón (Hyla arborea)
Rá patilonga (Rana iberica)
Rá verde ( Rana perezi)
Rá de monte (Rana temporaria)
Pinta (Salamandra salamandra)
Lagartixa de auga (Tristurus boscai)
Limpafontes (Triturus helveticus)
Limpafontes verde (Triturus marmoratus)

Mamiferos do río Deza

viernes, 5 de junio de 2009

Nos arredores do Río Deza podemos atoparnos cun número moi extenso de animais tanto con valor cinexetico como os que non os teñen.
Estes animais viven a despensas do río que lle ofrece un lugar donde poder atopar alimento e unha zona onde refrescarse se fose preciso.
Son moitas as especies de fauna terrestre que podemos atopar, entre os mais coñecidos podese citar; o lobo (Cannis lupus), o xabali (Sus scrofa), o corzo ( Capreolus capreolus), o conexo (Oryctolagus cuniculus), o zorro (Vulpes vulpes), Rata de auga, Ourizo cacho,Fura presas, Lontra, Porco Teixo, Donicela, Esquio,..., entre outros.
Dentro de cada animal podemos citar que por exemplo o jabali, ten unha gran presencia na zona, probocada polo abandono das zonas de labranza que se estan a comberter en espazos onde poder refuxiarse ademais do abandono do monte escaseando os traballos de limpeza que fan que cada vez teña mais onde esconderse. Para evitar o avance deste animal que cada vez anda mais as suas anchas estanse a facer numerosas batidas intentando frear o seu avance e os propios cotos autoregulan o numero de pezas que se poden cazar.
Tamen se pode dicir que o lobo e un animal con moita fama nestes lares, a zona de Deza-Tabeiros atopase na zona 1, e dicir, donde segun a xunta o número de lobos e maior. Dentro desta zona establecese unha densidade que vai dende os 2,27 lobos/100 kilometros cuadros ata os 7,21 lobos/100 kilometros cadrados.
Outro animal a destacar e o zorro, na actualidade este animal estase a comberter en centro de todas as miradas xa que o numero de animais aumenta e nas batidas incrementase mais o numero de animais cazados o que provoca que centenares de ecoloxistas vexan esta pratica como vexetaria e que como sucedeu na campaña anterior persigan os cazadores impedindo que cazen este animal.






Peixes do río Deza

viernes, 29 de mayo de 2009

Dentro da conca do río Deza podemos atoparnos unha gran variedade de peixes. Entre os cabe destacar polo seu atrativo a presencia de troitas e de salmons. Estes últimos atopamolos na proximidades do río Ulla, unha gran portador desta especie que en ocasións se veu amenazada e que na actualidade esta volvendo con mais forza.
Problematica dos peixes de río
Un dos exenplos mais claro das especies que se atopan en perigo é a da troita. Este animaliño ten moitos inimigos, entre eles un dos importantes e a contaminación dos nosos ríos, con verteduras incontroladas a este. Tamen ten moitos depredadores que acaban coa súa vida, entre os que cabe destacar a carpa.
Tamen cabe destacar a problematica do salmón. Actualmente esta gañando terreo, pero o abuso na pesca por parte dos pescadores, e a creación de novas minicentrais esta denovo a desincrementar o numero de salmons. Xunto cos xa coñecidos como son son os embalses que cada vez dificultan mais o avance deste polo rio. Como non, esta especie como a troita estase vendo amenazada pola contaminación das augas dos ríos, provacadas entre outros polas empresas que tiran os desperdicios o río e verteduras de purín.
Outras especies
Anguia, Boga (Chondrostoma polylepis duriense), Lamprea, Reo.
Peixes mal introducidos nalgúns ríos galegos.
A carpa. Botouse en principio nos estanques de moitos xardin, xa que tiña un valor ornamental e como pasa sempre nestas ocasións acabou a combertirse nun problema para os ríos galegos.

Peixe gato. É unha especie americana que foi introducida a principios do s.XX. Tratase dun depredador que como todo o que se atope o seu arredor. Empregase na pesca deportiva xa que acada moito peso.

Carpa americana. Foi introducida para a pesca deportiva. É un gran depredador.

Lucio. É un peixe depredador, arrasa con todo.

Troita arcoiris. En comparacion coa nosa troita non ten valor ningun salvo para as piscifactorias e para pescadores pouco habiles.

Gambusia. Especie introducida nos ríos para a caza de larvas de mosquito. Non representa valor para as augas dos rios.

Piscardo e Gobio. Non ten valor para as augas galegas. Serve de comida para a troita.

Carpín. Botouse en estanques e acabou nos ríos. É un bo depredador.






Aves do río Deza

jueves, 21 de mayo de 2009

Dentro do contorno do río Deza podemos atoparnos cunha gran variedade de especies. Por desgraza unhas en mellor estado de conservacion que outras, como as citadas no post anterior.
As especies que vamos a ver a continuación podenos facer ver que nos atopamos nunha zona dunha gran riqueza bioloxica. Entre as especies que podemos atopar destacaranse entre outras as que teñen un gran valor bioloxico e cinexetico ou que se atopan en perigo.
Entre as aves estan;
Buho Real
Aguilucho Pálido
Falcón Peligrino
Aguia Culebrera
Sisón
Aguia Real
Anguilucho Cenizo
Chorlito Carambolo
Bisbita Campestre
Arcea
Perdiz
Martin Pescador

Fauna en perigo

No entorno do río Deza podemos atoparnos unha gran variedade de especies, tanto atopamos mamiferos como aves. E dentro do curso do rio atopamos unha gran variedade de especies acuaticas.

Pero non é ouro todo o que reluce, posto que estes lares estan a vivir unha época de decrecemento xa moitas especies estanse vendo amenazadas. Non hai moito tempo por estos sitios podiamonos atopar con osos e con linces e agora nin se nos pasa polo cabeza de que nunha época estiveron as suas anchas.

Por desgraza non se trata das unicas especies que podemos atopar en perigo.Un dos exemplos mais claros dos animais que se atopan en peligro de exticion, que podemos atopar topamolo sobrevoando este río, no seu nacemento. Estoume a referir da Aguia Real, un especie que se atopa en escasez, que ve como merma a sua poboación. Actualmente podemola atopar sobrevoando a Serra do Candán, ainda que se esta vendo en peligro xa que se atopa esposta os cables de alta tensón, que según protectoras de animais e veciños da zona, esta mermando ainda mais a súa colinia. Outra aves amenazadas son o Falcón Peregrino, o Buho Real, os Aguilachos Cenizos e o martín pescador.


Ademais, con repecto os mamiferos podemos atoparnos con outras especies en perigo como son o lobo , que pode chegar a desaparecer nun plazo de vinte anos senon se toman medidas para frenar o seu descenso. Tamen se atopa en peligro a lebre que esta a piques de extinguirse se non se extingue na actualidade. Outros exemplos de mamiferos é a nutria.

Tamen podemos atopar nesta lista negra especies como a Pintega Rabilonga

Fauna terrestre

miércoles, 20 de mayo de 2009

O lobo



O corzo


O zorro.


O xabarin

Videos fauna fluvial

A troita


O salmón

Videos sobre a fauna que sobrevoa os ceos do Río Deza

Aguila culebrera


Falcón pelegrino


Sisón común


Aguilucho cenizo


Martin pescador


Perdiz


Bibita campestre


Chorlito carambolo

Problematica do sistema fluvial Ulla-Deza

jueves, 7 de mayo de 2009

O río Ulla, por desgracia, conta con importantes deterioros ecoloxicos do sistema fluvial. No seu caudal, estase dando un descenso do censo de salmón, reo e lamprea, ademais da disminución de areas de vexetación de ribeira e a destrución de frezadeiros. Estos desastres estan provocadas pola central hidroeléctrica de Portodemouros, propiedade de Fenosa.Sorprende que a única posibilidade no sistema fluvial do Ulla- Deza, incluído na Rede Natura 2000, para dar cumprimento desta recuperación pasa por manter o río Deza aberto ao mar. Este río afluente do Ulla é o único no que se pode intervir e manexar con garantías para a recuperación ecolóxica do Ulla augas abaixo de Portodemouros, e polo tanto das poboacións salmoneiras e doutras especies ameazadas. Cos cartos que custou a escala de Couso sería posible en moi poucos anos que os salmóns chegaran a desovar no nacemento do Deza, incorporando máis de 40 quilómetros de hábitats salmoneiros. Esta posibilidade pode quedar anulada xa que a Xunta levantou a "veda" de dez novas concesións hidroeléctricas do río Deza, freada fai 3 anos cando Fenosa se interesou en varios proxectos para este río. Sorprende tamén neste caso as presas da Xunta de Galicia para a tramitación destas dez solicitudes de concesión todas dentro da Rede Natura 2000 e para as que está obrigada a declarar coma Zona de Especial Conservación da Unión Europea.

Sistema fluvial Ulla-Deza

A Unión Europea declarou o 7 de decembro de 2004 os espazos galegos da Rede Natura 2000, no cal se atopa o sistema fluvial Ulla-Deza, obrigando ademais nesa declaración aos Estados Membros a reforzar as medidas para a recuperación dos hábitats salmoneiros co obxecto de recuperar unha especie en Perigo de Extinción na costa atlántica europea.
Este sistema fluvial ten unha superficie de 1.633 ha, cunha altitude media de 15 metros, pertence a rexión bioclimatica do atlántico e esta formada polo concellos de Catoira, A Estrada, Pontecesures, Silleda, Valga, Vila de Cruces, Boqueixón, Dodro, Padrón, Rianxo, Teo, Touro, Vedra, Brión, Rois e Ames.

Neste sistema fluvial podemos atoparnos con cursos importantes para a poboación piscicola como o salmón atlántico e a lamprea.

Dentro do habitat deste rio podemos atoparnos con;
Esteiros
Pasteiros de Spartina (Spartinion maritimi)
Uceiras secas europeas
Uceiras oromediterráneas endémicas con toxo
Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii
Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica

A flora que destaca e o narciso (Narcissus cyclamineus)

E a fauna a destacar e entre outra;
Rato de almizcre (Galemys pyrenaicus)
Lontra (Lutra lutra)
Martiño peixeiro (Alcedo atthis)
Merlo rieiro (Cinclus cinclus)
Sábalo (Alosa alosa)
Zamborca (Alosa fallax)
Lamprea (Petromyzon marinus)
Salmón (Salmo salar)
Salamántiga (Chioglossa lusitanica)
Mexillón de río (Margaritifera margaritifera)
Fonte; Conselleria de Medio Rural

Sistema Fluvial Ulla-Deza

O sistema fluvial Ulla-Deza serve como linde das provincias de A Coruña e Pontevedra. Para acercarnos ata ali so temos que ir dende A Coruña a Santiago pola N-525 ata Balboa e dende ali polo Po-2017 ata Ponte Ledesma e atoparemos moi preto da unión de ambos rios.
No tramo final do Deza, que un dos máis inacesibles dos rios de Pontevedra, podemos ver unhas ladeiras empinadas que aloxan as mellores fragas do norte da provincia. Ademais conta cun alto valor bioloxico xa non so pola fauna e a flora senon pola xeoloxia complicada que presenta, con xacementos de wolframio, estaño e olivino.
Presenta un clima oceanico con unha temperatura media que ronda entre os 11,9º e os 14,7ºC e ten unhas precipitacions medias de 1500-2000 mm.
Neste entramado a flora principal e a presencia do carballo, ainda que o seu número vaise reducindo polo accion do home, a non ser, nas enclavaas nas marxes dos fluviais e os escarpes mais inaccesibles. Os toxo-brezal e a formacion de matorral masi frecuente nas zonas desarboladas e a sua variedade cromatica forma unha bonita paisaxe. O bosque de ribera esta formada por alisos, vidueiros e sauces.
Por outra banda, a fauna fluvial esta representada fundamentalmente por salmons. Sendo unha das concas mais importantes con respecto o numero destes. Por motivos que ateñen a construcion do embalse de Portodemouros o río Deza convertese no lugar a donde van desobar os salmonidos. Por estos lares tamen apodemos atopar a presencia representativa de troitas, lamprea, solla e de anguia sendo recursos de enorme importacia ecoloxica e porque non, economica da zona.
Ademais da fauna acuática tamen contamos con fauna terrestre entre a que destacan aves e mamiferos que se adaptaron a este entorno. Aqui podemos atopar mirlo acuatico, martin pescador, lavandeira cascadeña, garza real, nutria, desman dos pirineos e porco bravo. Tamen atopamos niños de falcón pelegrino nas cercanias da desenvocadura do río Toxa.

Lugares por onde pasa

martes, 21 de abril de 2009

O río Deza baña a comarca do mesmo nome, Deza. O seu curso adaptase a tectonica frácturada da comarca, deixa o Oeste a serra do Candán e adopta unha direción Sur-Norte, coa que penetra na parroquia de Vilatuxe e que manten para servirlles de limites os concellos de Lalin (Vilatuxe, Barcia, Ansean, Cristimil, Prado Noceda e Anso) e Silleda (Parada, Laro, Oleiros, Cortegada, Taboada e Vilar). Neste treito, na parroquia de Prado, recibe o seu principal afluente, o Asneiro.
Entre as parroquias de de Losón (Lalin) e Vilar (Silleda) vira cara o Norte-Oeste para continuar co trazado da demarcacion dos concellos de Silleda (Ponte de Saidres) e Vila de Cruces (San Pedro de Losón). O chegar o deslinde das parroquias de Fontao e Saídres muda de novo a súa direccion, esta vez cara o Oeste, e continua polo limite municipal de Silleda e Vila de Cruces, que manten ata a súa desembocadura, respetivamente polas parroquias de Carboeiro, Martixe, Pazos, Abades, Piñeiro, Dornelas e Cira, por unha banda, e Merza Bascuas, Camanzo e Gres pola outra. En Pazos (Silleda) recibe outro grande afluente, o Toxa.