Localización

viernes, 21 de noviembre de 2008



Localización.
Onde nace.
O río Deza é un río da provincia de Pontevedra. Nace nas cumbres do monte Testeiro da parroquia de Zobra (Lalin). Coincidindo aproximadamente co centro xeografico de Galicia.
O monte Testeiro
O monte Testeiro e un monte cunha altitude de aproximadamente 900 metros de altitude. Ten unha gran importancia para os lugareños, xa que ten un gran para os cazadores e pescadores, que dalgunha maneira lle aporta beneficios. Este monte ten un riqueza de flora silvestes e de diversas especies arbores como bidueiros, sauces e uces, xunto con frondosos bosques autoctonos. Tamen conta con unha gran fauna como lobos, corzos, zorros, jabalies e aves rapaces.(Tanto da flora como da fauna falarei mais adiente en profundidade).
Neste monte podemos atopar diversas rutas de senderismo elaboradas polos propios veciños, concienciados en coidar este capricho da natureza. Moitos dos veciños de Zobra estan inmersos nos coidados deste monte. A asociación de veciños a parte de coidar as rutas de sendeirismo tamen estan concienciados en facer deste lugar un interes turistico, xa que existen diversas casas rurais que se atopan ailladas, facendo que un se olvide do estres.
O Río Deza ten unha gran importancia para os habitantes deste lugar, xa que grazas a el poideron ser uns dos primeiros en contan con luz eléctrica nas suas casas, xa que no cauce do río construiron un minicentral hidroelectrica que lle proporcionaba esta enerxia a todos aqueles que querian disfrutar dela. Na actualidade esta central atopase totalmente destruida, apenas se pode apreciar a sua estructura.