O monasterio de Carboeiro. Lenda

martes, 16 de junio de 2009

A lenda conta que o Mosteiro de Carboeiro, foi antigamente un dos máis ricos de Galicia, aínda que non sempre fora dese xeito. Cóntase que cando os monxes quixeron establecerse neste emprazamento, tiñan moitas dificultades para construír un edificio que fose digno de devir un gran lugar de oración e de meditación.
Era moi difícil atopa-los obreiros que soubesen traballa-la pedra, e o outro problema era que faltaban os cartos. Por iso, os monxes tiñan que se conformar con vivir en cabanas de pólas e celebra-los oficios en minúsculas capelas que non chegaban para acoller a todos. Por máis que o abade pedía axuda ós habitantes do país, estes eran moi pobres e vivían mal. O bispo tampouco lles daba axuda e os monxes tiñan que pasa-los invernos nas súas cabanas, expostos ó frío e ós grandes temporais do mes de novembro.Un día, nunha das súas xuntanzas, o abade dirixiuse ós monxes nestes termos:

-Irmáns, esta situación non pode continuar. Como non atopámo-los medios de construí-lo noso mosteiro, é preferible separarnos e irmos, un a un, integrarnos noutras abadías. Éche ben triste ter que chegar a iso, pero xa non hai outra solución.

Entón, un dos monxes levantouse e solicitou humildemente a palabra.

-Fala, irmán Ramón, dixo o abade. ¿Tes algo que nos propor?

-Certamente, -dixo o irmán Ramón- pero teño moito medo de que vos pareza mal, e non me perdoaría ser obxecto de escándalo.

-No punto no que estamos, -dixo o abade- podemos oír de todo sen quedar ofuscados. Fala pois sen medo

-Pois ben, velaí. Non somos ricos, pero posuímos algo que non ten prezo. É o salterio de san Cibrán.

-Efectivamente, respondeu o abade, témo-lo salterio de san Cibrán. ¿Pero ónde queres chegar? ¿Desexarías vendelo? Non creo que atopemos un comprador suficientemente rico como para que nolo pague ben.

-Non se trata de vendelo, -respondeu o irmán Ramón- Ese salterio ten unha grande virtude, sabédelo todos, porque quen o leva consigo está seguro de escorrenta-lo demo se este se presenta para atormentalo.

-Exactamente, pero non vexo en que podería axudarnos ese salterio. A Deus gracias, o demo déixanos en paz e non ten que facer coa nosa pobreza.

-Por iso, dixo o irmán Ramón, non está interesado en que continuemos a ser pobres. Preferiría que sexamos ricos e que descoidémo-los nosos deberes coa opulencia e a ociosidade. Entón, como o diabo ten sona de ser un bo constructor, ¿por qué non pedirlle que nos constrúa unha abadía de pedra sólida, coma as que hai por todo o país? Será tentado a facelo, e cando veña reclama-lo debido, sempre poderemos facelo fuxir gracias ó salterio de San Cibrán.

Houbo, entre os monxes, un grande murmurio.

-¡Silencio! - exclamou o abade- A proposta do irmán Ramón non é absurda, ben ó contrario, sería xusto que o inimigo de Deus contribuíse a face-la morada do Noso Señor. E xa que o demo é constructor, fagámoslle construí-lo noso mosteiro. Amañarémonos para non pagarlle nada. Paréceme que ben debe iso ós pobres cristiáns.

Despois de ter deliberado, os monxes puxéronse todos de acordo en dicir que era, nas presentes circunstancias, a única saída ós seus problemas.

-¡Moi ben! - concluíu o abade- E posto que es ti, irmán Ramón, quen tivo a idea, encargámosche negocia-lo asunto.

Naquel serán mesmo, cando escureceu, o irmán Ramón foi a un sitio onde sabía que podía acha-lo demo. Na súa xuventude, vira frecuentemente ás bruxas da súa aldea invoca-lo Inimigo para enfeitizar a aqueles a quen elas xuraran estragar. Sabía o que conviña facer. Foi pois directamente a un cruce de camiños pedregoso onde o Demo tiña por costume apostarse cando prevía que un home estaba disposto a concluír un pacto con el. Foi pois a ese cruce. Colleu unha póla de acebro e fixo unha cruz que plantou ó revés no chan. Non tivo que esperar moito, o Demo presentóuselle baixo a forma dun home fraco vestido de negro e de roxo.

-¿Qué queres?, preguntou o Demo cunha voz fungona que se esforzaba en tornar amable.

-Que nos constrúas un mosteiro digno de nós. No país non falta a pedra, e a túa habilidade é ben coñecida. Fáino-las obras que chas habemos pagar ben.

-¡Ah!, ¡desde logo!, -exclamou o diabo escachando cunha risa que lle provocou un calafrío polo lombo ó bo do irmán Ramón. - ¿E ti qué me darás a cambio?

-Pon o prezo - respondeu o monxe.

-¿Tómasme por parvo? -díxolle o demo- Seiche moi ben que vós, os monxes de Carboeiro, posuídes o salterio de san Cibrán. Se hai algo que aborrezo, é precisamente ese salterio. Imaxino que, se fago un trato contigo, vós todos trataredes de me escorrentar brandindo ese libro. Non me deixarei agarrar na trampa, asegúrocho.

-Ponlle prezo - repetiu o irmán Ramón

-Pois ben, acepto a túa proposta, pero coa condición de que xa non teña que volver a verte, nin a ti, nin a ningún dos teus, porque estou seguro de que me fariades fuxir con ese salterio que execro. Fagamos un arranxo, monxe, un arranxo que non se refira á vosa confraría. Hoxe é venres. Comprométome a construí-lo voso mosteiro de aquí a domingo pola mañá, palabra de demo, pero esixo en contrapartida tódalas almas dos que morran domingo, entre a misa maior e vésperas que non ides deixar de celebrar na vosa igrexa noviña.

O demo sabíache ben o que facía. Sabía ben que naquela estación eran moitos os que morrían de frío e de vellez o domingo, mentres os fillos estaban na igrexa a segui-los oficios.

-Trato concluído - respondeu o monxe.

-Non é suficiente - proseguiu o Demo. -Tes que asinar.

Sacou un rolo de papel no que estaban escritas cousas terribles. O irmán Ramón leuno atentamente e asinou o documento co seu sangue.

-Perfecto - dixo o diabo, moi contento.- Desexo que todos vós esteades tan contentos de min coma o estarei eu de vós.

E desapareceu na noite en medio dun remuíño de vento.

O irmán Ramón regresou ó mosteiro, ou polo menos ó que facía as veces del. Foi onda o padre abade e mantivo con el unha conversa secreta. Despois marchou a durmir tranquilamente no seu xergón, nunha cabana na que entraban por todas partes as correntes de aire.Na noite seguinte, produciuse unha grande axitación no país. As xentes dos arredores oíron uns ruídos que lles parecían estrañísimos, pero non ousaron saír das casas de tan enxordecedor que era o alboroto. Éche ben certo que o Demo gastaba sen conta. Fixera vir do inferno a toda unha lexión de demiños que se ocupaban en carrexar pedras e en labralas. Logo, baixo a dirección do Demo en persoa, os demos máis experimentados puxéronse a ergue-los muros e as bóvedas da igrexa abacial e os edificios conventuais. Nunha palabra, traballaron todos tan ben que, a mañá do domingo, alí onde só había unha aldea de choupanas, erguíase un mosteiro de pedra esculpida e de aspecto magnífico.Os monxes ficaron admirados ó ver tal esplendor e non podían crer en tanta felicidade. Pero cal non sería a sorpresa dos habitantes do país cando viron levantarse así sobre o horizonte un santuario tan bonito e tan perfecto. Pois o diabo traballa ben cando se empeña. Pero estaban lonxe de pensar que era obra do Demo, e todos pregoaban o milagre. Axiña precipitáronse na igrexa para asistir á misa maior que celebraba o padre abade.Nun recanto, nas pendentes da montaña, o diabo moi contento, entusiasmado coa idea de que ía facer unha boa colleita de almas. Aproveitaría para repoboa-lo inferno que, daquela, tiña a tendencia de quedar bastante deserto, por culpa dos predicadores que andaban a espalla-la boa palabra por toda a terra.Tan pronto como rematou a misa maior, despois de ter pronunciado o "ite missa est", o padre abade entoou con voz forte o canto das vésperas. Os fieis quedaron ben sorprendidos, pero seguíronas con tanto fervor como antes tiñan seguido a misa. E cando todo rematou, regresaron ás súas casas bendicindo ó Señor. En canto ós monxes, tiveron o privilexio dunha comida de festa onde o viño correu en abundancia, o que non era de desprezar.

Nembargantes, había un que non andaba demasiado contento, era o Demo. Coa rabia, rompeu as zarpas na rocha na que se apoiaba, e aínda hoxe vémo-las súas marcas. Comprendeu que fora enganado e pasou o seu tempo a espreita-los monxes de Carboeiro. Encantaríalle destruí-lo mosteiro, pero, por unha parte, as obras do demo son difíciles de destruír polo sólidas que son, e, pola outra, tíñalle tanto medo ó salterio de san Cibrán que se mantiña prudentemente afastado, non querendo acometer nada que puidese prexudicalo máis.

Pero cando, séculos máis tarde, o salterio de San Cibrán foi transferido a Toledo, o demo tomou a súa vinganza. Soprou unha pavorosa tempestade sobre o mosteiro de Carboeiro e quedou en ruínas.

Hai pouco tempo foi restaurado

O monasterio de Carboeiro

O mosterio de San Lorenzo de Carboeiro, atopase nas orillas do Río Deza, rodeado de carballeiras. Antes de ser mosteiro benedictino, existeu unha ermita dedicada as San Lorenzo, a cal era de Egica, un ermitaño. Sobre a ermita, Don Gonzalo e Doña Teresa, condes do Deza, construiron a abadía no 936, para reunir os monxes e os ermitaños.


En 997, Almanzor destruiu este lugar e dous anos despois recostruino o Arzobispo de Santiago. Pouco a pouco foi ganando relixiosos ata que no s.XIX coa desamortización desfixose.


Na actualidade e un dos mellores representantes do romanico cisterciense de todo Galicia.


Na entrada conta con duas portadas románicas de estilo compostelano. Na principal estan representados 24 ancians do Apocalipsis e a figura de Salvador cos evanxelistas. Ambas moi deterioradas. A planta ten forma de cruz latina. Ten tres naves e a cabeceira rodeada por girola rematada en tres capillas dedicadas a San Benito, a dereita a Nosa Señora de Belén e a outra usada como sacristia. Ademais ten tres rosetones na parte superior, que corresponden a época de transición o gotico


Conta con escaleiras de caracol que nos permiten ir ata as torres que ainda hoxe estan sen rematar. As mesmas escaleiras temen descenden e levannos ata a cripta, que esta no nivel inferior para poder salvar o terreno.


Na actualidade o concello de Silleda esta facendo investimentos para poder rematar as obras de rescostrución do monasterio.







O poboado mineiro de Fontao

O lado do río Deza no seu tramo por Merza podemos atoparnos co pobo mineiro de Fontao. Esta mina foi explotada tanto por ingleses, na segunda metade do XIX, e despois polos franceses que fundaron a Société des Étains de Silleda. Por aquel entonces o que mais importaba era o estaño, e o wolfram estaba a un segundo plano ata a II Guerra Mundial que foi cando pasou a un primeiro plano. O wolfram era utilizado para fortalecer os cañons dos nazis, polo que acadaba un gran valor monetario que axudou que nesta comarca non se pasara a fame da postguerra.

Naqueles tempos o unico que tiña resisdencia dentro dos limites da mina era o director, polo que a empresa decidiu facer un poboado para os mineiros. Este pobo inagurouse en 1956 e so se habitou ata 1974 cando se cerrou a mina.

En xaneiro deste ano chegouse a un acordo polo cal os edificios de uso colectivo van ser rehabilitados cun investimento de 1,7 millons de euros, entre os que se atopan, 128 vivendas, unha escola, a casa do mestre, unha granxa, un cine (mais grande que o das cidades) e unha iglexa. As vivendas na actualidade atopanse todas habitadas con inquilinos que teñen por caseira a Administración.

Ruta de senderimo; A ferveza do Toxa.

Esta ruta comeza dende os miradores das fervenzas do Toxa.
Atoparemos un camiño que nos leva a parte alta do río. Tamen poderemos seguir unha miniruta, non apta para todos os publicos xa que transcurre por unha canle estreita e con tuneles, que nos leva ata a minicentral de Merza. Dende a parte alta do río e seguindo unha serie de camiños e pistas ben señalizados chegaremos o Monasterio de Carboeiro.
Dende o Monasterio de Carboeiro, seguiremos un camiño empredado que nos levara a Ponte do Demo, este camiño levanos ata outro camiño que nos leva pola polo cauce descendente do río.
Andando pola pista principal chegaremos ata a plaia fluvial de Merza "A Carixa". Dende a plaia subiremos por unha pista alfaltada ata o balneario coñecido como "Hotel-Balneario Baños da Brea". Tamen atoparemos o poboado mineiro, que foi abandonado hai moito tempo.
Seguindo por esta pista regresaremos de novo ata os miradores . Este percorrido levaranos aproximadamente catro horas.

Flora

lunes, 15 de junio de 2009

O río Deza ten unha gran biodiversidade de flora, formada polo que se coñece por bosque de galería. Tratase de especies caducifolias expostas a ambos lados do río facendo unha franxa lineal estreita que estan condicionadas en función da humedade e dos cauces do río.
As especies que mais que atopamos con mais frecuencia o longo do río son;
Aliso (Alnus glutinosa)
Salgueiro (Salix sp.)
Fresno ((Fraxinus excelsior e F. angustifolia)
As zonas de aliso son hábitats de gran interese comunitario polo Unión Europea, que desenrolan un papel moi importante a que grazas a el sobreviven milleiros de especies xa que teñen o papel de reguladores de temperatura, fixan os marxenes e aportan materia organica.

Retiles do río Deza

martes, 9 de junio de 2009

Vivindo a espensas do río Deza podemos atoparnos cun abanico enorme de retiles que merodean por estes lares con moita tranquilidade.
Dentro deste cadro podemos atopar varias clases de retiles dos que cabe destacar;
Sapiño troiteiro (Alytes obstetricans)
Sapo común (Bufo bufo)
Sapo Corriqueiro (Bufo calamita)
Pintega rabilonga (Chioglossa lusitanica)
Sapo das veigas (Discoglossus galgoni)
Rá de San Antón (Hyla arborea)
Rá patilonga (Rana iberica)
Rá verde ( Rana perezi)
Rá de monte (Rana temporaria)
Pinta (Salamandra salamandra)
Lagartixa de auga (Tristurus boscai)
Limpafontes (Triturus helveticus)
Limpafontes verde (Triturus marmoratus)

Mamiferos do río Deza

viernes, 5 de junio de 2009

Nos arredores do Río Deza podemos atoparnos cun número moi extenso de animais tanto con valor cinexetico como os que non os teñen.
Estes animais viven a despensas do río que lle ofrece un lugar donde poder atopar alimento e unha zona onde refrescarse se fose preciso.
Son moitas as especies de fauna terrestre que podemos atopar, entre os mais coñecidos podese citar; o lobo (Cannis lupus), o xabali (Sus scrofa), o corzo ( Capreolus capreolus), o conexo (Oryctolagus cuniculus), o zorro (Vulpes vulpes), Rata de auga, Ourizo cacho,Fura presas, Lontra, Porco Teixo, Donicela, Esquio,..., entre outros.
Dentro de cada animal podemos citar que por exemplo o jabali, ten unha gran presencia na zona, probocada polo abandono das zonas de labranza que se estan a comberter en espazos onde poder refuxiarse ademais do abandono do monte escaseando os traballos de limpeza que fan que cada vez teña mais onde esconderse. Para evitar o avance deste animal que cada vez anda mais as suas anchas estanse a facer numerosas batidas intentando frear o seu avance e os propios cotos autoregulan o numero de pezas que se poden cazar.
Tamen se pode dicir que o lobo e un animal con moita fama nestes lares, a zona de Deza-Tabeiros atopase na zona 1, e dicir, donde segun a xunta o número de lobos e maior. Dentro desta zona establecese unha densidade que vai dende os 2,27 lobos/100 kilometros cuadros ata os 7,21 lobos/100 kilometros cadrados.
Outro animal a destacar e o zorro, na actualidade este animal estase a comberter en centro de todas as miradas xa que o numero de animais aumenta e nas batidas incrementase mais o numero de animais cazados o que provoca que centenares de ecoloxistas vexan esta pratica como vexetaria e que como sucedeu na campaña anterior persigan os cazadores impedindo que cazen este animal.