Peixes do río Deza

viernes, 29 de mayo de 2009

Dentro da conca do río Deza podemos atoparnos unha gran variedade de peixes. Entre os cabe destacar polo seu atrativo a presencia de troitas e de salmons. Estes últimos atopamolos na proximidades do río Ulla, unha gran portador desta especie que en ocasións se veu amenazada e que na actualidade esta volvendo con mais forza.
Problematica dos peixes de río
Un dos exenplos mais claro das especies que se atopan en perigo é a da troita. Este animaliño ten moitos inimigos, entre eles un dos importantes e a contaminación dos nosos ríos, con verteduras incontroladas a este. Tamen ten moitos depredadores que acaban coa súa vida, entre os que cabe destacar a carpa.
Tamen cabe destacar a problematica do salmón. Actualmente esta gañando terreo, pero o abuso na pesca por parte dos pescadores, e a creación de novas minicentrais esta denovo a desincrementar o numero de salmons. Xunto cos xa coñecidos como son son os embalses que cada vez dificultan mais o avance deste polo rio. Como non, esta especie como a troita estase vendo amenazada pola contaminación das augas dos ríos, provacadas entre outros polas empresas que tiran os desperdicios o río e verteduras de purín.
Outras especies
Anguia, Boga (Chondrostoma polylepis duriense), Lamprea, Reo.
Peixes mal introducidos nalgúns ríos galegos.
A carpa. Botouse en principio nos estanques de moitos xardin, xa que tiña un valor ornamental e como pasa sempre nestas ocasións acabou a combertirse nun problema para os ríos galegos.

Peixe gato. É unha especie americana que foi introducida a principios do s.XX. Tratase dun depredador que como todo o que se atope o seu arredor. Empregase na pesca deportiva xa que acada moito peso.

Carpa americana. Foi introducida para a pesca deportiva. É un gran depredador.

Lucio. É un peixe depredador, arrasa con todo.

Troita arcoiris. En comparacion coa nosa troita non ten valor ningun salvo para as piscifactorias e para pescadores pouco habiles.

Gambusia. Especie introducida nos ríos para a caza de larvas de mosquito. Non representa valor para as augas dos rios.

Piscardo e Gobio. Non ten valor para as augas galegas. Serve de comida para a troita.

Carpín. Botouse en estanques e acabou nos ríos. É un bo depredador.