Sistema fluvial Ulla-Deza

jueves, 7 de mayo de 2009

A Unión Europea declarou o 7 de decembro de 2004 os espazos galegos da Rede Natura 2000, no cal se atopa o sistema fluvial Ulla-Deza, obrigando ademais nesa declaración aos Estados Membros a reforzar as medidas para a recuperación dos hábitats salmoneiros co obxecto de recuperar unha especie en Perigo de Extinción na costa atlántica europea.
Este sistema fluvial ten unha superficie de 1.633 ha, cunha altitude media de 15 metros, pertence a rexión bioclimatica do atlántico e esta formada polo concellos de Catoira, A Estrada, Pontecesures, Silleda, Valga, Vila de Cruces, Boqueixón, Dodro, Padrón, Rianxo, Teo, Touro, Vedra, Brión, Rois e Ames.

Neste sistema fluvial podemos atoparnos con cursos importantes para a poboación piscicola como o salmón atlántico e a lamprea.

Dentro do habitat deste rio podemos atoparnos con;
Esteiros
Pasteiros de Spartina (Spartinion maritimi)
Uceiras secas europeas
Uceiras oromediterráneas endémicas con toxo
Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii
Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)
Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica

A flora que destaca e o narciso (Narcissus cyclamineus)

E a fauna a destacar e entre outra;
Rato de almizcre (Galemys pyrenaicus)
Lontra (Lutra lutra)
Martiño peixeiro (Alcedo atthis)
Merlo rieiro (Cinclus cinclus)
Sábalo (Alosa alosa)
Zamborca (Alosa fallax)
Lamprea (Petromyzon marinus)
Salmón (Salmo salar)
Salamántiga (Chioglossa lusitanica)
Mexillón de río (Margaritifera margaritifera)
Fonte; Conselleria de Medio Rural