Problematica do sistema fluvial Ulla-Deza

jueves, 7 de mayo de 2009

O río Ulla, por desgracia, conta con importantes deterioros ecoloxicos do sistema fluvial. No seu caudal, estase dando un descenso do censo de salmón, reo e lamprea, ademais da disminución de areas de vexetación de ribeira e a destrución de frezadeiros. Estos desastres estan provocadas pola central hidroeléctrica de Portodemouros, propiedade de Fenosa.Sorprende que a única posibilidade no sistema fluvial do Ulla- Deza, incluído na Rede Natura 2000, para dar cumprimento desta recuperación pasa por manter o río Deza aberto ao mar. Este río afluente do Ulla é o único no que se pode intervir e manexar con garantías para a recuperación ecolóxica do Ulla augas abaixo de Portodemouros, e polo tanto das poboacións salmoneiras e doutras especies ameazadas. Cos cartos que custou a escala de Couso sería posible en moi poucos anos que os salmóns chegaran a desovar no nacemento do Deza, incorporando máis de 40 quilómetros de hábitats salmoneiros. Esta posibilidade pode quedar anulada xa que a Xunta levantou a "veda" de dez novas concesións hidroeléctricas do río Deza, freada fai 3 anos cando Fenosa se interesou en varios proxectos para este río. Sorprende tamén neste caso as presas da Xunta de Galicia para a tramitación destas dez solicitudes de concesión todas dentro da Rede Natura 2000 e para as que está obrigada a declarar coma Zona de Especial Conservación da Unión Europea.